A Xunta e 'Cántigas e Frores' estudan as vías de colaboración para celebrar o vindeiro ano o 75º aniversario da entidade

Lugo, 28 de novembrode 2022

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, mantivo hoxe unha primeira xuntanza co director artístico da asociación cultural lucense Cántigas e Frores, Bruno Villamor, para estudar as vías de colaboración coa entidade na celebración do seu 75º aniversario en 2023

Arias ofreceu o apoio da Administración galega para levar a cabo as accións conmemorativase salientou que Cántigas e Frores “é todo un referente na provincia de Lugo no eido da música e o baile tradicional”. Actualmente conta cuns 500 socios e nas súas escolas fórmanse cada ano máis de 300 alumnos e alumnas.

Imaxes relacionadas