Unha vintena de participantes do programa ‘Xuventude Mentoring’ da Xunta visitan a empresa Zendal

O Porriño, 27 de novembro de 2022 Unha vintena de participantes do programa Xuventude Mentoring da Xunta de Galicia acudiron esta semana á empresa Zendal, dentro da programación desta iniciativa, que procura o asesoramento e a titorización de mozas e mozos que acaban de rematar os seus estudos para axudalos na súa inserción laboral.Xunto cos participantes, á visita tamén acudiu a directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel.

A firma Zendal é a marca corporativa do grupo formado por un total de 7 empresas: CZ Vaccines, Biofabri, Vetia, Petia, Probisearch, Zinereo e Laboratorios Ovejero, dedicadas a investigación, desenvolvemento, fabricación e comercialización de vacinas e outros produtos de saúde humana e animal. Ademais, conta con mais de 30 anos de experiencia e presencia internacional en máis de 65 países.

Imaxes relacionadas