A directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, entregou hoxe os premios a algúns dos galardoados

A Xunta participa na clausura da Gala da pesca deportiva galega en Coristanco

Coristanco (A Coruña), 26 de novembro de 2022

A directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, participou hoxe na entrega de premios da Gala de pesca deportiva galega, que tivo lugar na localidade coruñesa de Coristanco.

 

Durante a gala, que se celebra cada catro anos, a directora xeral puxo en valor a colaboración do Goberno galego coa Federación Galega de Pesca Deportiva para divulgar os valores medioambientais desta actividade, un sector clave e con moita tradición en Galicia, e para espertar o interese das novas xeracións para garantir a remuda xeracional.

 

Nesa liña, Do Campo lembrou que para achegar aos nenos e mozos galegos ao mundo da pesca, a Xunta tamén está a impulsar outras medidas, entre elas, que os rapaces de ata 14 anos poidan practicar a pesca sen necesidade de sacar licenza ou a exención do pago das taxas correspondentes para todos os menores de idade un ano máis.

 

Nesta edición, foron galardoados 117 deportistas e recibiron un recoñecemento especial Victoriano Serantes Chantada pola súa dedicación á Federación Galega de Pesca e Casting ao longo de moitos anos; José Manuel Rey Alvela, que presidiu a entidade entre 2015 e 2018, e Carlos Noguerol Sánchez, recentemente falecido.

Imaxes relacionadas