O director xeral de Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, participou hoxe no 25 aniversario de AGAT, na Pobra do Caramiñal

A Xunta destaca a importancia da atención temperá para previr e tratar problemas de desenvolvemento nos nenos

Galicia terá 50 unidades deste servizo dirixido á infancia en funcionamento antes de que remate este ano

A Pobra do Caramiñal (A Coruña), 26 de novembro de 2022 O director xeral de Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, sinalou hoxe que a atención temperá é fundamental para previr, identificar e tratar anomalías no desenvolvemento ou nas habilidades dos nenos desde os primeiros meses de vida. Díxoo na celebración do 25 aniversario da Asociación Galega de Atención Temperá (AGAT), que reuniu no Teatro Cine Elma da Pobra a profesionais, familiares e nenos usuarios deste servizo.

 

Fernando González Abeijón felicitou a AGAT polo traballo desenvolvido ao longo de todos estes anos, xa que “é moi importante para que os nenos gañen en autonomía e en calidade de vida cando sexan maiores”. 

 
Neste sentido, o director xeral indicou que o Goberno galego continuará a impulsar rede galega de atención temperá, que chegará ás 50 unidades en funcionamento por toda a Comunidade Autónoma antes de que remate o ano e coas que se dará cobertura ás familias de ao redor de 200 municipios.

Imaxes relacionadas