A Xunta felicita a Adisbismur polas súas catro décadas de traballo en favor da plena inclusión das persoas con discapacidade

Outes (A Coruña), 25 de novembro de 2022

O director xeral de Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, felicitou esta tarde á Asociación de Persoas con Discapacidade da Bisbarra de Muros (Adisbismur) polas súas catro décadas de traxectoria. Fíxoo no acto conmemorativo do aniversario desta entidade, que se celebrou na Casa da Cultura de Outes e no que participaron profesionais, usuarios e familiares dos seus centros.

 

Fernando González Abeijón fixo fincapé no traballo a prol da integración social, formativa e laboral de Adisbismur, e destacou que entidades como esta “fan que Galicia sexa cada día máis solidaria, xusta e inclusiva”. Así mesmo lembrou que a Xunta ten a disposición das familias máis de 40 prazas públicas nos centros de día e ocupacional desta asociación.