A Xunta apoia ao equipo feminino Baxi Ferrol na súa aposta por un deporte máis inclusivo coas persoas con discapacidade

Ferrol, 25 de novembro de 2022 A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, acompañada da delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, mantivo esta mañá unha reunión co equipo feminino Baxi Ferrol, no edificio da delegación territorial desta cidade. Durante o encontro, a conselleira agradeceu o esforzo desta organización pola inclusión das persoas con discapacidade no deporte.

 

Fabiola García sinalou que gracias ao labor desinteresado de organizacións como Baxi Ferrol, Galicia avanza cara unha sociedade máis igualitaria, solidaria e xusta. Neste sentido, lembrou que o Goberno galego seguirá apoiando a este equipo para darlle máis visibilidade ás persoas con discapacidade e promover o espírito deportivo en todas as esferas da nosa vida diaria.

Imaxes relacionadas