A Xunta apoiou a 6 establecementos hostaleiros da comarca do Barbanza para investimentos en equipamentos post Covid por un importe de case 207.000 €

Trenor explicou que o obxectivo destas axudas foi “seguir colaborando na modernización das instalacións e na consecución da maior seguridade sanitaria nos establecementos hosteleiros galegos

A liña de axudas da Xunta, estivo orientada a micropemes e pemes do sector da hostalería, como hoteis, hostais, casas rurais ou outro tipo de aloxamentos e bares, restaurantes e cafeterías.

As axudas estiveron orientadas a actuacións como sistemas domóticos, control de distancias, optimización de procesos, portas e consignas automáticas, controis de acceso, renovación de aire, sistemas de climatización, así como sistemas de check-in automáticos, entre outros

Serra de Outes (A Coruña), 24 de novembro de 2022

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, visitou esta mañá o hotel Atmos,, un dos beneficiados pola orde de axudas para investimentos en equipamentos post Covid dos establecementos hostaleiros que lle permitiu mellorar os sistemas domóticos e renovar os seus controis de acceso.

 

Trenor explicou que o obxectivo destas axudas foi “seguir colaborando na modernización das instalacións e na consecución da maior seguridade sanitaria nos establecementos hosteleiros galegos". Na comarca do Barbanza recibiron estas axudas un total de 6 establecementos por un importe de case 207.000 euros e movilizaron máis de 230.000 euros. No ámbito galego estes apoios ascenderon 3 millóns de euros

O delegado da Xunta puxo en valor este tipo de axudas porque “son inxeccións moi importantes para superar o impacto da pandemia e para seguir incrementando os estándares de calidade dun sector fundamental para a economía galega”.

 

A liña de axudas da Xunta para a dotación de equipamentos poscovid, estivo orientada a micropemes e pemes do sector da hostalería, como hoteis, hostais, casas rurais ou outro tipo de aloxamentos e bares, restaurantes e cafeterías.

 

Os beneficiarios recibiron achegas de ata o 90% do seu investimento cunha contía máxima de 50.000 euros e as actuacións deberán orientarse á adquisición de medidores calidade do aire, sistemas domóticos ou de check-in automático, redes de control de distancia, accesos e aforos, infraestruturas de ventilación e climatización do aire, cartelería, rotulación ou sinaléctica.

 
 
Antecedentes

Esta liña de axudas foi posta en marcha o ano pasado no marco do conxunto de medidas impulsadas pola Xunta de Galicia para apoiar ao tecido empresarial galego fronte ás circunstancias derivadas da pandemia.

 

As solicitudes concedidas na convocatoria anterior foron 464  por un importe de preto de 6 millóns de euros.

 
BARBANZA
DATOS DO ESTABLECEMENTO NOME COMERCIAL
CONCELLO
OBXECTO AXUDA SEGÚN CONVOCATORIA
TOTAL CUSTO SEN IVE SUBVENCIONABLE

AXUDA CONCEDIDA CON IVE (MÁXIMO 50.000)

CHICOLINO

BOIRO

SISTEMAS DE CLIMATIZACIÓN E REFORMAS ORIENTADAS A CREACIÓN DE ESPAZOS

 56.220,80 €
          50.000,00 €

RESTAURANTE A MOROSA

CARNOTA

PORTAS E CONSIGNAS AUTOMÁTICAS

 8.940,00 €
            8.046,00 €

MORADA DA MOA

CARNOTA

SISTEMAS DOMÓTICOS, CONTROL DE DISTANCIAS, OPTIMIZACIÓN DE PROCESOS, PORTAS E CONSIGNAS AUTOMÁTICAS, CONTROIS DE ACCESO, SOFTWARES DE CONTROL, ASOCIADOS E SISTEMAS CHECK- IN ASOCIADOS, SISTEMA CLIMATIZACIÓN

 52.580,00 €
           47.322,00 €

HOTEL MEIGA DO MAR

CARNOTA

EQUIPAMENTO MULTISERVIZO, MEDIDOR CO2,CARTELEIRA E RÓTULOS, NOVO EQUIPAMENTO DE HIXIENIZADO E LAVADO

 2.558,47 €
              2.302,62 €

HOTEL ATMOS

OUTES

SISTEMAS DOMÓTICOS, SISTEMAS DE CHECK-IN AUTOMÁTICOS, CONTROL DE ACCESO

 56.309,00 €
          50.000,00 €

FERA RESTAURANTE

OUTES

REFORMAS ORIENTADAS Á CREACIÓN DE ESPAZOS QUE SUXIRAN MAIOR AMPLITUDE

 55.712,98 €
          50.000,00 €

6 AXUDAS

   

 232.321,25 €

          207.670,62 €

 
 

Imaxes relacionadas