A Xunta asiste á representación da obra ‘Néboa no bigote’ da asociación Prodeme

Santiago de Compostela, 23 de novembro de 2022 O director xeral de Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, asistiu hoxe á representación da obra Néboa no bigote da asociación Prodeme. O Goberno galego apoia esta iniciativa que trata de dar visibilidade ás persoas con discapacidade intelectual a través das artes escénicas. 

Este festival en apoio ás persoas con discapacidade conta con esta representación no auditorio Abanca de Santiago a cargo da asociación Prodeme e coa obra Mulleres que se realizará no Teatro Afundación de Vigo o 29 de novembro por parte do Centro Méndez Núñez.

Imaxes relacionadas