O delegado territorial da Xunta en Ourense participa no ‘Certame Amadeus Arte e Viño’, organizado pola Adega Cooperativa Viña Costeira no Pazo de Toubes, en Cenlle

Ourense, 23 de novembro de 2022

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, participou esta mañá no "Certame Amadeus Arte e Viño”, que organizou a Adega Cooperativa Viña Costeira no Pazo de Toubes, en Rioboó, no concello de Cenlle.

A iniciativa deste adega responde á procura do novo deseño da marca Amadeus e co fin de promocionar os novos talentos artísticos de Galicia, o arte e a cultura do viño tralo legado deixado por artistas como Laxeiro, Lodeiro, Jorge Castillo, Vidal Souto, Díaz Pardo, Moncho Borrajo, Godoy, Virxilio e Alexandro, que desenvolveron a imaxe destes viño en cada unha das súas anadas anteriores.

Imaxes relacionadas