Martina Aneiros reforza o compromiso da Xunta con Ferrolterra na comisión de coordinación da Delegación Territorial
Ferrol, 23 de novembro de 2022 A delegada da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, presidiu esta mañá a comisión territorial de coordinación da Delegación Territorial da Xunta en Ferrol á que asistiron os xefes territoriais das distintas consellerías e na que reforzou o compromiso do Goberno autonómico coa comarca.
Trátase dun órgano de xestión administrativa que se reúne con certa periodicidade e que serve para impulsar e coordinar o funcionamento do conxunto dos departamentos da delegación territorial.
No encontro desta mañá analizáronse os anuncios por parte da Xunta dos investimentos previstos nos Orzamentos 2023 e se fixo un repaso das actuacións, recentes ou en marcha, e das distintas achegas e programas do executivo autonómico nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal.