A Xunta organiza unha xornada técnica sobre xestión de conflitos en espazos laborais

Santiago de Compostela, 23 de novembro de 2022 A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, inaugurou hoxe o webinario técnico Habilidades comunicativas e xestión de conflitos organizado pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, a través do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga). Trátase dunha xornada técnica que forma parte da oferta formativa do Instituto para 2022.

Realizada en colaboración con Fremap, na xornada avaliáronse algúns exemplos cotiáns e frecuentes así como a forma de afrontalos con maiores garantías de éxito. Abordáronse, entre outras cuestións, as emocións, os tipos de comunicación e as súas barreiras, os conflitos e as habilidades para manexar situacións conflitivas así como os diferentes estilos comunicacionais.

Imaxes relacionadas