A Xunta pon en valor os produtos galegos de calidade diferenciada no foro Camiños Gastronómicos

Lalín (Pontevedra), 21 de novembro do 2022

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, inaugurou esta mañá xunto co alcalde de Lalín, José Crespo, o foro Camiños Gastronómicos, onde puxo en valor os produtos galegos de calidade diferenciada e a súa repercusión a nivel mundial.

Así, José Luis Cabarcos reafirmou o compromiso da Consellería do Medio Rural coas producións galegas de calidade, para as que se investirán máis de 5,4 millóns de euros en 2023 para a súa promoción. Neste senso, entre as accións contempladas está a presenza dos produtos agroalimentarios en feiras tanto nacionais como internacionais, o fomento de ciclos curtos a través de soportes como internet, o apoio ao labor de promoción dos consellos reguladores dos distintos selos de calidade ou a realización de campañas de promoción, como a que está en marcha de Ternera Gallega Suprema a nivel nacional, que implicou un investimento de 1,4 millóns de euros da Xunta en colaboración coa indicación xeográfica protexida.

Imaxes relacionadas