A Xunta sinala a importancia da concienciación para garantir unha sociedade máis inclusiva

Santiago de Compostela, 19 de novembro de 2022.-

O director xeral de Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, participou esta mañá no ‘5º encontro estatal de irmáns e cuñados’, organizado por Fademga Plena Inclusión de Galicia na Hospedería de San Martín Pinario. Durante o evento, sinalou a importancia da concienciación para garantir unha sociedade máis inclusiva para as persoas con discapacidade.

 

Esta iniciativa reúne ata o domingo a familiares de persoas con discapacidade para coñecer as súas experiencias e analizar cal debe ser o seu papel á hora de atender os seus familiares. Algún dos asuntos tratados foron a prevención da soidade e o illamento, a influencia das novas tecnoloxías ou o papel das organizacións no deseño dunha sociedade máis xusta.

Imaxes relacionadas