A Xunta pon aos premios da asociación Emgrobes como exemplo de recoñecemento de actividades a prol do desenvolvemento das zonas costeiras

O Grove (Pontevedra), 18 de novembro de 2022.-

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, participou hoxe na entrega dos premios da Asociación de Empresarios Grovenses de Bens e Servicios (Emgrobes) onde puxo de relevo o labor que realiza esta entidade a prol do recoñecemento de iniciativas que contribúen ao desenvolvemento das zonas costeiras. Alí felicitou aos premiados vencellados cos sectores do turismo, gastronomía e o mar, que constitúen pezas clave para a economía de Galicia.

Co Grove de Ouro recoñeceuse a Antonio Padín, do Hotel Maruxía e cos Groves de Prata a Pablo García Prol, da Pastelería Payca, e a Manuel Padín e María del Carmen Rodríguez, de Efectos Navais e Deportes O Mar, este último galardón foi entregado pola titular de Mar. Emgrobes homenaxea co Grove de ouro a persoas, empresas e/ou institucións que colaboran co desenvolvemento do tecido económico do Grove e co Grove de Prata aos empresarios que, asociados un mínimo de 10 anos de forma ininterrompida, se xubilasen, cesasen a súa actividade ou traspasen o seu negocio no ano anterior á entrega do premio.

Imaxes relacionadas