A Xunta destaca que Lugo será esta fin de semana un referente nacional no sector dos recambios coa celebración de Expofrain

Lugo, 18 de novembro de 2022.-

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, visitou hoxe no Pazo de Feiras a segunda edición de ExpoFrain e destacou que este evento converterá Lugo nun referente nacional do sector dos recambios durante esta fin de semana.

 

A feira, que se celebra ata o domingo impulsada pola empresa Recambios Frain, reúne nun espazo de 9.000 metros cadrados máis dun centenar de provedores de todas as ramas do negocio, desde turismo, a industrial, pasando por agrícola, electrónica ou maquinaria.

 

Imaxes relacionadas