A Xunta inviste 1 M€ en axudas á transformación e comercialización de produtos agrarios para catro empresas do sector agroalimentario da comarca
A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, visitou as instalacións da empresa Produtos Ecolóxicos Maruxas SL, unha das beneficiarias
Esa liña de axudas da Consellería de Medio Rural ten como obxecto a creación de novas industrias agroalimentarias e mellorar as existentes
A Xunta de Galicia inxectará en catro empresas da comarca 1 M€ en axudas para levar a cabo investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios cofinanciadas co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rural (Feader). A delegada da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, visitou esta mañá a empresa Produtos Ecolóxicos Maruxas SL, beneficiaria dunha delas.
A compañía, especializada na elaboración de galletas ecolóxicas de nata, destinará o apoio autonómico valorado en preto de 50.000 euros para o incremento das súas liñas de produción.
Esta orde de axudas busca incentivar os investimentos en activos fixos materiais para a creación, ampliación e modernización das instalacións localizadas en Galicia destinadas á transformación e comercialización de produtos agrarios. No caso das subvencións, consistiron en axudas para a execución deses proxectos, mentres as garantías para préstamos consistiron en garantías do 80% do risco inherente a cada crédito formalizado destina a financiar eses investimentos.
Así, foron obxecto de subvención actuacións como a mellora tecnolóxica na industria láctea, a instalación dun centro de extracción e envasado de mel ou outro de manipulación hortofrutícola ou o acondicionamento dunha nave para a elaboración de queixos.
Como novidade, nesta convocatoria deuse prioridade ás asociacións de produtores que se uniron para levar a cabo investimentos en común.
DISTRIBUCIÓN DAS AXUDAS PARA A TRANSFORMACIÓN E COMERCIALIZACIÓN DE PRODUTOS AGRARIOS EN FERROL, EUME E ORTEGAL
BENEFICIARIO | CONCELLO | OBXECTO DO PROXECTO | INVESTIMENTO SUBVENCIONABLE | SUBVENCIÓN |
Leche Celta SLU | Pontedeume | Melloras tecnolóxicas en industria láctea | 1.961.440,76 | 686.504,27 |
Produtos Ecolóxicos Maruxas SL | San Sadurniño | Incremento de liñas de produción | 165.160,58 | 49.548,17 |
Lácteos Algra SL | As Somozas | Nave para a elaboración de queixos e derivados lácteos | 594.317,92 | 208.011,27 |
Iago Vilela Quintana | Cedeira | Instalación de centro de extracción e envasado de mel | 67.609,53 | 27.043,81 |
total | 2.788.528,79 € | 971.107,52 € |