A Casa de Galicia en Madrid acolle o concerto de saxofón ‘Luminiscencia’

Madrid, 18 de novembro de 2022 Juan Serrano, director da Casa de Galicia, deu onte a benvida a Adrián Sánchez e José Manuel Aguilar, que fixeron gozar ao público que se congregou na Casa de Galicia en Madrid para escoitar os seus saxofóns nun concerto que levaba por título “Luminiscencia”.

 

Adrián Sánchez é un músico que está interesado en manter a esencia de cada época en cada unha das súas interpretacións. A súa paixón pola música comezou á idade de 9 anos na Escola de Música de Vila de Cruces (Pontevedra) e na Escola Municipal de Música e Danza de Santiago de Compostela, para posteriormente trasladarse a Bordeaux (Francia) onde estudou baixo a tutela da recoñecida saxofonista Marie-Bernadetter Charrier, no Conservatorio Jacques Thibaud. Adrián completou os seus estudos superiores baixo a tutela do recoñecido saxofonista Pedro Pablo Cámara no Centro Superior Katarina Gurska (CSKG) de Madrid.

 

Pola súa banda, José Manuel Aguilar representa á nova xeración de saxofonistas, flexible e con formación e experiencia en repertorios que abordan desde o Barroco ata a música máis contemporánea. A pesar da súa mocidade, actuou en importantes salas do panorama musical europeo (España, Andorra, Alemaña, Francia, Bélxica, etc). Destaca por interpretar concertos como solista xunto a diversas orquestras nacionais e internacionais (OSC, CNR Saint-Maur, etc). Ademais de obter premios en diferentes concursos, foi seleccionado entre os mellores saxofonistas do mundo para participar na última edición do prestixioso concurso Adolphe Sax, celebrado cada catro anos.

En paralelo á súa carreira musical, desenvólvese no ámbito da docencia e investigación colaborando con diferentes centros formativos.

 
O programa interpretado incluíu pezas, entre outros de Marin Marais, Johann Sebastian Bach, ou José María Sánchez-Verdú.

Imaxes relacionadas