A Xunta apoiou con case 33.000 euros a recuperación de dous inmobles como locais sociais en Castro de Rei

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explica que a Vicepresidencia segunda axudou a reformar senllos recintos para o desfrute da veciñanza nos núcleos de Barxa, da parroquia de Santa Locaia, e A Anoca, en San Martiño de Goberno

Castro de Rei (Lugo), 17 de novembro de 2022

A Xunta apoiou con preto de 33.000 euros as obras derecuperación de dous inmobles como locais sociais no concello de Castro de Rei, situados nos núcleos de Barxa (parroquia de Santa Locaia) e A Anoca (San Martiño de Goberno).


O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, visitou hoxe ambos recintos para comprobar os traballos executados, que contaron coa colaboración da Vicepresidencia segunda da Xunta a través da orde de axudas a entidades veciñais.


Así, a asociación Corazón de Jesús obtivo unha achega de16.100 euros para reformar por completo a antiga escola de Barxa, incluídos novos baños, tabiques, portas e pavimentos, a renovación da instalación eléctrica e o pintado interior e exterior.


En canto á agrupación veciñal de San Martiño de Goberno, a Xunta concedeu 16.600 euros para acometer unha restauración integral do vello teleclub da Anoca, coa substitución da cuberta, as portas e as fiestras por outros elementos que proporcionan mellor illamento e incrementan a eficiencia enerxética do local. Tamén se acondicionou o chan e pintouse o inmoble por dentro e por fóra.


Arias gabou a iniciativa das asociacións veciñais, “en especial nas zonas rurais, porque con este tipo de actuaciónsrecuperan vellas construcións que perderon o seu uso orixinario para convertelas en lugar de encontro e convivencia”.


Nese sentido, o delegado subliñou o apoio da Xunta ao asociacionismo veciñal con medidas como esta liña de axudas para acondicionar e equipar locais sociais, que en 2022 incrementou o seu orzamento nun 20% con respecto ao exercicio anterior, ata acadar os 3 millóns de euros. Na provincia de Lugo, este ano beneficiáronse 31 agrupacións que percibiron 433.500 euros.

Imaxes relacionadas