A Xunta apoia a 'X Ruta 4x4 da Comarca de Sarria', que se celebrará esta fin de semana

Sarria (Lugo), 16 de novembro de 2022

A Xunta de Galicia apoia a décima edición da Ruta 4x4 da Comarca de Sarria cunha achega económica para a cartelaría e outras necesidades de organización, segundo lles confirmou odelegado territorial de Lugo, Javier Arias, aos representantes da Asociación Os Carro por Catro, promotores da proba.

 

A ruta celebrarase esta fin de semana e discorrerá polos municipios de Sarria, Samos, O Incio e A Pobra de Brollón. As 120 prazas para vehículos están cubertas, e practicamente tamén as dos quads -quedan 7 de 120-; igualmente, inscribíronse110 motos e 51 buggies, se ben aínda hai prazas dispoñiblesen ambas categorías.

 

Ademais da ruta turística que centrará a xornada do sábado, destacan a saída nocturna polos arredores de Sarria, o venres a noite, e as probas de habilidade no polígono de Morelle, o domingo pola mañá. As inscricións e os detalles da programación están dispoñibles na páxina web da proba.

Imaxes relacionadas