O delegado territorial da Xunta en Ourense visita a exposición ‘ArteNON’ no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense

Ourense, 16 de outubro de 2022

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, visitou esta mañá a exposición ArteNON no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense; unha mostra que reúne a visión de 12 ilustradoras sobre a loita contra a violencia de xénero e aspira a xerar conciencia entre a cidadanía.

 

Esta exposición, emprazada anteriormente na Biblioteca Pública Nós, estará aberta ata finais de mes e foi concibida polas súas creadoras como un instrumento de loita contra a violencia de xénero.

 

Trátase dunha mostra que reúne a visión de 12 ilustradoras sobre a loita contra a violencia de xénero e aspira a xerar conciencia entre a cidadanía. A iniciativa, que percorrerá nesta primeira etapa as sete principais cidades galegas amosa o emprego da arte como instrumento de loita pola igualdade.

Imaxes relacionadas