Presentación do libro 'A Espada de San Eufrasio' na Casa de Galicia

Madrid, 16 de novembro de 2022

Juan Serrano, director da Casa de Galicia, deu onte a benvida a Manuel López Poy, Pepe Rey e Miguel Fernández, que presentaron o seu libro La Espada de San Eufrasio

 

As aventuras da familia Rosendo, os bandoleiros dos Ancares, o bispo de Lugo, o conde de Lemos e outros nobres regresan para despedirse na quinta e última entrega do cómic, La espada de San Eufrasio. Titulado Descanse en paz, o tomo péchase coa segunda Revolta Irmandiña.

 

O debuxante Miguel Fernández (natural de Baralla) e os guionistas Pepe Rey (madrileño descendente de vilalbeses) e Manuel López Poy (escritor e xornalista de Sarria) volven unirse para despedir esta saga publicada pola editorial Diábolo. En Descanse en paz "encaixan todas as pezas que se foron presentando nos cómics anteriores e resólvense as tramas nunha solución final bastante espectacular", explicou López Poy.

 

O cómic narra como a finais de 1466 a situación política e social en Galicia alcanza o seu estado de máxima tensión. Mentres as Irmandades de Lugo se organizan para responder á situación de opresión e poñer fin aos excesos da nobreza coas armas na man, Rosendo e a súa familia, xunto coa partida de bandoleiros dos Ancares, deciden pasar definitivamente á acción, co obxectivo de poder volver ás súas terras en Villalba, libres da persecución da xustiza, tentar recuperar a espada de San Eufrasio e de paso poñer fin aos seus días de prófugos en loita contra a inxustiza.

 

Con Descanse en paz “péchase un traballo iniciado fai oito anos, cando empezamos coa historia” lembrou Poy, para o que A espada de San Eufrasio é o seu proxecto máis longo

Imaxes relacionadas