A Xunta completa o proceso de estabilización docente coa convocatoria de 125 prazas do concurso-oposición e que eleva a 4.000 os postos educativos en dous anos

A Consellería de Educación remite á Mesa Sectorial Docente a proposta de distribución das prazas en 54 especialidades de Ensino secundario, mestres e especialistas en sectores singulares de FP, escolas oficiais de idiomas, Música e Artes escénicas e Artes plásticas e deseño

Con este paso, o Goberno galego cumpre coa folla de ruta comprometida a principios de ano, co que en 2023 acadará un 6% de taxa de interinidade, dous puntos por debaixo do obxectivo fixado polo Estado