A judoka Sara Álvarez intervén no ciclo Luz ó deporte na Delegación Territorial da Xunta

Lugo, 14 de novembrode 2022

A judoka Sara Álvarez, 14 veces campioa de España desde a categoría infantil ata senior, foi hoxe a protagonista do ciclo Luz ó deporte, que impulsa a Xunta de Galicia en colaboración coa Fundación Breogán e Abanca no marco da programación do Xacobeo 21-22.

 

No salón de actos da Delegación Territorial da Xunta en Lugo, Álvarez dirixiuse a máis de 200 alumnos e alumnas dos institutos Muralla Romana e Ánxel Fole para explicar a súa experiencia nun deporte individual e minoritario no que acadou os maiores triunfos pese a que en varias ocasións sufriu graves lesións.

 

O ciclo de charlas Luz ó deporte pretende sacar á luz a cara menos coñecida do deporte de elite contada polos seus protagonistas, que proporcionan aos rapaces e rapazas valiosas leccións para o deporte e para a vida. Nas últimas semanas interviñeron o ex-xogador de baloncesto Iñaki Zubizarreta e o atleta Tito Margaride, e o 14 de decembro pecharán o programa os irmáns Quintela, auténticos símbolos do Breogán.

Imaxes relacionadas