O 061 de Galicia asistiu 68 persoas por 55 accidentes de tráfico durante a fin de semana

Desde as 15,00 horas do venres, 11 de novembro ata as 23,59 horas do domingo, 13 de novembro, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 70 chamadas por accidentes de tráfico

A Estrada (Pontevedra), 14 de novembro de 2022 Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana 68 persoas debido a 55 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende desde as 15,00 horas do venres, 11 de novembro, ata as 23,59 horas do domingo, 13 de novembro. O domingo foi o día que rexistrou máis sinistros, con 24 accidentes de tráfico.

 

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en Galicia, recibiu nestes días 70 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 55 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atendeu un total de 68 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 58% e do 42% respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase que o 31% dos atendidos tiña entre 45 e 59 anos.

 

Por provincias, Pontevedra foi a que máis sinistros rexistrou con 24 accidentes de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

 
Provincia
Accidentes
A Coruña
21
Lugo
5
Ourense
5
Pontevedra
24
Galicia
55
 

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 71. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado asistiron en oito accidentes, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico asistiron en 59 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria que completan a dotación das ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en catro accidentes.

 

En 18 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes e en 50 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente.

 

Imaxes relacionadas