Miranda asistiu aos actos da tradicional celebración do centro español Apóstol Santiago de Liechtenstein

Vaduz (Liechtenstein), 12 de novembro de 2022 O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participou esta tarde na celebración do tradicional encontro de socios do Centro Español Apóstol Santiago de Liechtenstein que tivo lugar no Spörryhalle, en Vaduz, capital deste principado.     

A celebración, que levaba sen poder celebrarse dous anos a causa da pandemia, contou con máis de 400 asistentes e diversas actuacións musicais, nunha xuntanza na que estiveron presentes os españoles residentes no país, así como a propia colectividade galega. Con case 170 socios, o Centro Español Apóstol Santiago de Liechtenstein constituíuse no ano 1979, sendo un dos mais veteranos de Europa. A gran maioría dos galegos residentes neste principado son oriundos da zona da Costa da Morte.

Imaxes relacionadas