O Sergas mostra en Barcelona as medidas de difícil cobertura de prazas de especialistas de atención primaria, saúde mental e hospitais comarcais

Barcelona, 10 de novembro de 2022 A directora xeral de Recursos Humanos do Sergas, Ana Comesaña Álvarez, presentou hoxe en Barcelona no I Congreso de Igualdade e Recursos Humanos de Servizos Públicos de Saúde as medidas de difícil cobertura de prazas de especialistas de atención primaria, saúde mental e hospitais comarcais do Servizo Galego de Saúde implantadas en Galicia para facer fronte ao déficit de especialistas.



Comesaña participou na mesa redonda sobre Medidas de emprego e condicións de traballo, na que se puxo en evidencia a común preocupación polo déficit de especialistas de medicina familiar e comunitaria, salientando as medidas que puxo en marcha o Sergas.

Entre esas medidas figuran a creación este ano de 106 prazas de facultativos de atención primaria por concurso de méritos, ás que se sumarán outras 139 prazas de facultativo especialista de área en hospitais comarcais, saúde mental e atención primaria, tamén por concurso de méritos, que se convocarán no ano 2023.

Tamén, a directora de Recursos Humanos destacou as medidas económicas impulsadas polo Sergas para incentivar as intersubstitucións, e as prolongacións de xornada retribuídas.

Así mesmo, referiuse aos servizos virtuais que desenvolve a oitava área sanitaria, con 7 técnicos de saúde pública e 7 farmacéuticos que realizan prescricións, receitas, atenden peticións electrónicas e cobren partes de incapacidade temporal e informes, e que atenden unha media de 52 actos diarios en axenda en xornada ordinaria de 7 horas.

Imaxes relacionadas