A Xunta asiste ao encontro das xuntas directivas de Cogama e Asogapen

Vigo, 9 de novembro de 2022 O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, participou hoxe no Hotel Coia de Vigo na reunión realizada polas xuntas directivas da Confederación Galega de Organizacións de Maiores (Cogama) e a Asociación Galega de Pensionistas (Asogapen).

 

Antón Acevedo subliñou o papel protagonista das persoas maiores na sociedade. Así mesmo, destacou o compromiso da Xunta de Galicia para promover iniciativas que melloren a súa calidade de vida e a súa autonomía, vivan onde vivan. Neste sentido recordou que o Goberno galego está a impulsar iniciativas que van nesta dirección como o Programa de Benestar en Balnearios, as casas do maior ou a teleasistencia.

Imaxes relacionadas