A Xunta inicia as obras de reforzo da seguridade viaria na estrada OU-113 en Laza, no treito coincidente coa Vía da Prata

Os traballos, que se desenvolverán entre os puntos quilométricos 30+150 e 30+720, contarán cun investimento autonómico de máis de 48.500 €


Executarase unha cuneta transitable de 1,5 metros de ancho co fin de favorecer o tránsito seguro dos peregrinos


Esta intervención enmárcase no programa de 39 obras de mellora da seguridade viaria que a Xunta vai executar este ano en cruzamentos ou treitos paralelos das rutas xacobeas coas estradas autonómicas, cun orzamento de preto de 1,8 M€
 

Santiago de Compostela, 8 de novembro de 2022

A Xunta iniciou as obras de reforzo da seguridade viaria na estrada OU-113 ao seu paso polo concello de Laza, no treito coincidente coa Vía da Prata, co fin de favorecer o tránsito seguro dos peregrinos.

 

Os traballos, que se desenvolverán no treito da estrada comprendido entre os puntos quilométricos 30+150 e 30+720, contarán cun investimento autonómico de máis de 48.500 euros.

 

A actuación consiste na execución dunha cuneta transitable de 1,5 metros de ancho. Para isto, realizarase primeiro a retirada de capa de terra vexetal e posteriormente a escavación, recheo e apisoando da gabia ata acadar a cota necesaria para executar o firme de formigón da cuneta transitable.

 

Esta nova intervención enmárcase no programa de 39 obras de mellora da seguridade viaria que a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vai executar este ano en cruzamentos ou treitos paralelos das rutas xacobeas coas estradas autonómicas, cun orzamento de preto de 1,8 millóns de euros.

 

A encomenda deste ano levarase a cabo nos distintos Camiños e trazados da Ruta Xacobea en tres provincias galegas. Na provincia da Coruña están programadas un total de 11 actuacións; na de Lugo, 23; e na de Ourense, 5.

 

O Goberno galego dálle así continuidade ás 70 obras que levou a cabo o pasado ano nas estradas autonómicas nos treitos coincidentes coa traza do Camiño de Santiago, ás que destinou 1,4 M€.

Imaxes relacionadas