A Xunta apoiou a 19 establecementos hostaleiros da comarca de Santiago para investimentos en equipamentos post covid por un importe de case 250.000€

Trenor explicou que o obxectivo destas axudas foi “seguir colaborando na modernización das instalacións e na consecución da maior seguridade sanitaria nos establecementos hosteleiros galegos

A liña de axudas da Xunta, estivo orientada a micropemes e pemes do sector da hostalería, como hoteis, hostais, casas rurais ou outro tipo de aloxamentos e bares, restaurantes e cafeterías.

As axudas estiveron orientadas a actuacións como sistemas domóticos, control de distancias, optimización de procesos, portas e consignas automáticas, controis de acceso, renovación de aire, sistemas de climatización, así como sistemas de check-in automáticos, entre outros
 

Touro  (A Coruña), 8 de novembro de 2022.-

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, acompañado polo alcalde de Touro, Ignacio Codesido, visitou esta mañá o Restaurante Casa Taboada, un dos beneficiados pola orde de axudas para investimentos en equipamentos post Covid dos establecementos hostaleiros que lle permitiu renovar a seu sistema de climatización.

 

Trenor explicou que o obxectivo destas axudas foi “seguir colaborando na modernización das instalacións e na consecución da maior seguridade sanitaria nos establecementos hosteleiros galegos". Na comarca de Santiago recibiron estas axudas un total de 19 establecementos por un importe de case 250.000 euros. No ámbito galego estes apoios ascenderon 3 millóns de euros

O delegado da Xunta puxo en valor este tipo de axudas porque “son inxeccións moi importantes para superar o impacto da pandemia e para seguir incrementando os estándares de calidade dun sector fundamental para a economía galega”.

 

A liña de axudas da Xunta para a dotación de equipamentos poscovid, estivo orientada a micropemes e pemes do sector da hostalería, como hoteis, hostais, casas rurais ou outro tipo de aloxamentos e bares, restaurantes e cafeterías.

 

Os beneficiarios recibiron achegas de ata o 90% do seu investimento cunha contía máxima de 50.000 euros e as actuacións deberán orientarse á adquisición de medidores calidade do aire, sistemas domóticos ou de check-in automático, redes de control de distancia, accesos e aforos, infraestruturas de ventilación e climatización do aire, cartelería, rotulación ou sinaléctica.

 
 

Antecedentes

Esta liña de axudas foi posta en marcha o ano pasado no marco do conxunto de medidas impulsadas pola Xunta de Galicia para apoiar ao tecido empresarial galego fronte ás circunstancias derivadas da pandemia.

 

As solicitudes concedidas na convocatoria anterior foron 464  por un importe de preto de 6 millóns de euros.

 
 
COMARCA SANTIAGO
 
DATOS DO ESTABLECEMENTO NOME COMERCIAL
CONCELLO
OBXECTO AXUDA

AXUDA CONCEDIDA CON IVE (MÁXIMO 50.000)

MESON RURAL BRANDARIZ
ARZÚA
EQUIPAMENTO MULTISERVIZO
          9.266,85 €
CASA DE TURISMO RURAL FOGAR DE SELMO
ROIS
EQUIPAMENTO MULTISERVIZO
          2.686,20 €
MOLESON
SANTA COMBA
NOVO EQUIPAMENTO DE HIXIENIZADO E LAVADO
          5.995,08 €
BODEGUILLA DE SAN LAZARO
SANTIAGO DE COMPOSTELA

OPTIMIZACIÓN DE PROCESOS, SOFTWARES DE CONTROL ASOCIADOS, ENVOLTORIOS E MATERIAL DUN SO USO

           6.412,83 €
BODEGUILLA DE SANTA MARTA
SANTIAGO DE COMPOSTELA

OPTIMIZACIÓN DE PROCESOS, ENVOLTORIOS DE UN SO USO

           6.432,62 €
CASA DO MEDIO
SANTIAGO DE COMPOSTELA

PORTAS E CONSIGNAS AUTOMÁTICAS, OPTIMIZACIÓN DE PROCESOS

               517,50 €
O FOGAR DE GALICIA
SANTIAGO DE COMPOSTELA

SISTEMA DOMÓTICO DE CONTROL DE DISTANCIA E CONTROL DE ACCESO

           2.737,79 €
ROSA ROSAE
SANTIAGO DE COMPOSTELA

SISTEMA DOMÓTICO DE RENOVACIÓN DE AIRE E SISTEMAS DE CLIMATIZACIÓN

         27.532,80 €
CAFE BAR MARTE
SANTIAGO DE COMPOSTELA
SISTEMA DE CLIMATIZACIÓN
           2.250,00 €
ROOM FEITIZO
SANTIAGO DE COMPOSTELA

SISTEMAS CHECK-IN AUTOMÁTICOS, PROCESOS DE DESINFECCIÓN REALIZADOS POR EMPRESAS EXTERNAS CON MOTIVO DA COVID,CARTELEIRA, ROTULACIÓN E SINALIZACIÓN

           4.957,71 €
ALABAMA
SANTIAGO DE COMPOSTELA
NOVO EQUIPAMENTO DE HIXIENIZADO E LAVADO
           1.590,98 €
A TABOA DE PICAR
SANTIAGO DE COMPOSTELA
EQUIPAMENTO MULTISERVIZO
           11.112,18 €
ESTUDIO 34
SANTIAGO DE COMPOSTELA

SISTEMA DOMÓTICO DE OPTIMIZACIÓN DE PROCESOS E SOFTWARE ASOCIADOS, NOVO EQUIPAMENTO DE HIXIENIZADO E LAVADO

        34.428,60 €
LA PLANTA
SANTIAGO DE COMPOSTELA

OPTIMIZACIÓN DE PROCESOS, CONTROIS DE ACCESO, SOFTWARES DE CONTROL ASOCIADOS, CARTELEIRA, ROTULACIÓN E SINALIZACIÓN, NOVO EQUIPAMENTO DE HIXIENIZADO E LAVADO

        34.428,60 €
FOGAR DO SANTISO
TEO

SISTEMA DE CONTROL DE ACCESO, CARTELERÍA, ROTULACIÓN, SINALIZACIÓN E ACTUACIONS VINCULADAS, ENVOLTORIOS E MATERIAL DE UN SÓ USO E RENOVACIÓN DE AIRE

          22.195,15 €
CANALETTO
TEO

NOVO EQUIPAMENTO DE HIXIENIZADO E LAVADO, SISTEMA DE CLIMATIZACIÓN

         12.501,00 €
HOTEL CONGRESO
TEO

EQUIPAMENTO MULTISERVIZO, NOVO EQUIPAMENTO DE HIXIENIZADO E LAVADO, CARTELERÍA, ROTULACIÓN, SINALIZACIÓN DIXITAL

        26.748,00 €
RESTAURANTE CASA TABOADA
TOURO
SISTEMA DE CLIMATIZACIÓN
        30.694,58 €
O CRUCEIRO DA ULLA
VEDRA

SISTEMA DOMÓTICO DE CONTROL DE ACCESO E SOFWARE ASOCIADO

            1.135,80 €
19 AXUDAS
   

        243.624,27 €

 


 

Imaxes relacionadas