A Xunta adxudica máis de 26.000 metros cadrados de solo nos parques empresariais de Sionlla e As Gándaras

Son un total de 7 parcelas nas que se aplicou unha bonificación sobre o prezo de venda que supuxo un aforro de 1.184.347,70 euros para as empresas adquirentes

Santiago de Compostela, 8 de novembro de 2022

A Xunta de Galicia adxudicou 7 parcelas, cunha superficie total de 26.164 metros cadrados de superficie, nos parques empresariais da Sionlla, en Santiago de Compostela, e As Gándaras, en Lugo. A bonificación total aplicada sobre o prezo de venda é de 1.184.347,70 euros.

 

Así se acordou esta mañá durante a comisión executiva da empresa pública Xestur. En concreto, no caso da Sionlla adxudicáronse 3 parcelas cunha superficie de 18.613 metros cadrados e unha bonificación por importe de 742.232,70 euros.

 

As empresas que adquiriron este solo no parque compostelán corresponden aos sectores de almacenamento de mercadorías en tránsito e de distribución maiorista.

 

Polo que respecta ao polígono industrial lucense das Gándaras, adxudicáronse 4 parcelas, cunha superficie de 7.551 metros cadrados e bonificacións aplicadas por 442.115 euros. As empresas adxudicatarias, neste caso, pertencen aos sectores de enerxía, fisioterapia, enxeñería e actividades recreativas.

Imaxes relacionadas