A Xunta apoia en Boqueixón a presentación do libro 'Ocho señales' co que se busca axudar as vítimas de violencia de xénero
2022-11-05
https://multimedia.xunta.gal/portal-web/Imaxes/Novas/2022/Novembro/semana-01/20221105_SXIgualdade.jpg
Boqueixón (A Coruña), 5 de novembro de 2022
A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, asistiu hoxe en Boqueixón á presentación do libro Ocho señales da autora Noelia Miguez, no que relata en primeira persoa a súa vivencia como vítima de violencia de xénero, unha testemuña coa que busca axudar as mulleres que se poidan atopar nunha situación similar. López Abella agradeceu á autora a súa valentía á hora de escribir o libro e poder axudar coa súa experiencia a outras vítimas.
Á presentación tamén acudieron a psicóloga do Centro de Información á Muller (CIM) de Boqueixón, Yolanda Neira, e a coautora do libro, Patricia Calveiro.