García Comesaña salienta as máis de 250 intervencións cirúrxicas robotizadas realizadas polos servizos de xinecoloxía do Sergas

Vigo, 4 de novembro de 2022 O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, participou, esta tarde en Vigo, no 75 Congreso da Sociedade Galega de Obstetricia e Xinecoloxía (SGOX).

 

Durante o acto, o titular da carteira sanitaria da Xunta subliñou a actividade dos servizos de Xinecoloxía do Sergas, onde xa se levan realizadas máis de 250 intervencións cirúrxicas robotizadas desde a implantación dos robots Da Vinci nos hospitais do Servizo Galego de Saúde.

 

Así mesmo, salientou que xa se están a ultimar os traballos para pór en marcha as novas unidades de solo pelviano nas sete áreas sanitarias, precisando que desde o ano 2017, Galicia conta cun programa estruturado de atención ás disfuncións de solo pelviano en atención primaria.

Imaxes relacionadas