A Xunta busca reforzar o turismo cultural da Comunidade mediante a participación na creación de novas rutas turísticas

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou no primeiro seminario sobre Roteiros Napoleónicos en Galicia-Norte Portugal

Durante a xornada os relatores perfilaron o posible proxecto sobre a creación de múltiples roteiros e itinerarios turísticos, culturais e patrimoniais, relacionados coas Invasións Napoleónicas na Península Ibérica

Santiago de Compostela, 3 de novembro de 2022 A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou no primeiro seminario sobre Roteiros Napoleónicos en Galicia-Norte Portugal: "Smart Tourism Destination”, onde os relatores trataron de perfilar o posible proxecto sobre a creación de múltiples roteiros e itinerarios turísticos, culturais e patrimoniais, relacionadas coas Invasións Napoleónicas na Península Ibérica.

Neste senso, Nava Castro expuxo que esta iniciativa poderase utilizar como un elemento de posicionamento de destino turístico intelixente, atracción de visitantes e de xeración de actividade económica que beneficie moi positivamente á Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal” finalizou Castro.

“Smart Tourism Destination” ten o propósito de facer partícipe aos asistentes da importancia da conservación dos valores patrimoniais, así como servir como motor económico baseado na sustentabilidade ambiental, contribuíndo a reducir as disparidades territoriais e sociais da zona e aumentando a actividade económica da Eurorrexión Galicia-Norte Portugal.