O 061 de Galicia asistiu 62 persoas por 44 accidentes de tráfico durante a fin de semana

Desde as 15,00 horas do venres, 28 de outubro ata as 23,59 horas do domingo, 30 de outubro, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 57 chamadas por accidentes de tráfico

A Estrada (Pontevedra), 31 de outubro de 2022

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana 62 persoas debido a 44 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende desde as 15,00 horas do venres, 28 de outubro, ata as 23,59 horas do domingo, 30 de outubro. O sábado e o domingo foron os días que rexistraron máis sinistros, con 17 accidentes de tráfico ambos os dous.

 

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en Galicia, recibiu nestes días 57 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 44 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atendeu un total de 62 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 61% e do 39% respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase que o 42% dos atendidos tiña entre 20 e 34 anos.

 

Por provincias, A Coruña foi a que máis sinistros rexistrou con 20 accidentes de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

 
Provincia
Accidentes
A Coruña
20
Lugo
7
Ourense
4
Pontevedra
13
Galicia
44
 

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 63. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado asistiron en cinco accidentes, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico asistiron en 52 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria que completan a dotación das ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en seis accidentes.

 

En 49 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en 11 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente e dúas persoas faleceron no punto.

 

Imaxes relacionadas