Fernández-Tapias e González Abeijón participan na X carreira solidaria "eu móvome pola esclerose múltiple"
A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, e o director xeral de Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, participaron este domingo na X Carreira Solidaria ‘Eu Móvome pola Esclerose Múltiple’.
O evento, organizado pola Asociación Viguesa de Esclerose Múltiple (Avempo), regresou á Alameda de Bouzas tras un parón de dous anos por mor da pandemia
Departamento:
C. de Presidencia, Xustiza e Deportes