Fernández-Tapias clausura a exposición do Hospital Vithas Vigo con motivo do Día Internacional do Dano Cerebral e do Ictus

Vigo, 28 de outubro de 2022

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, clausurou este venres a exposición de traballos realizados por pacientes con dano cerebral adquirido e os talleres didácticos cos que o Hospital Vithas Vigo e Irenea-Instituto de Rehabilitación Neurolóxica de Vithas conmemoraron esta semana os días internacionais do Dano Cerebral e do Ictus.

Imaxes relacionadas