A Xunta salienta o papel da terapia ocupacional para que as persoas con discapacidade gañen autonomía
2022-10-27
https://multimedia.xunta.gal/portal-web/Imaxes/Novas/2022/Outubro/semana-05/20221027 FotoDXDiscapacidadeDiaTerapiaOcupacional.jpg
A Coruña, 27 de outubro de 2022 O director xeral de Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, salientou hoxe no día mundial da Terapia Ocupacional a importancia desta actividade para axudar a que as persoas con algún tipo de discapacidade poidan gañar autonomía.
Fernando González Abeijón participou nun acto de entrega á medalla de ouro ocupacional a Amparo Tessio Costamagna, que é impulsora de proxectos de humanización e de vivenda colaborativa. A entrega desta distinción celebrouse esta tarde no Salón de Actos da Facultade de Ciencias da Saúde da Universidade da Coruña.
Departamento:
C. de Política Social e Igualdade