A Xunta salienta a importancia dos centros de atención ás persoas de máis idade no XXV aniversario da residencia de maiores pública autonómica de Laraxe

Cabanas (A Coruña), 27 de outubro de 2022 O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, asistiu esta mañá ao XXV aniversario da residencia de maiores pública autonómica de Laraxe, no municipio coruñés de Cabanas.

Antón Acevedo salientou a importancia de centros como o de Laraxe, que teñen unha larga traxectoria na atención e coidado das persoas de máis idade. Neste sentido, agradeceu a todo o persoal da residencia o seu traballo, así como o seu compromiso co benestar do usuarios que viven alí.

 

Imaxes relacionadas