Trenor presenta o proxecto ‘O noso pasar: a nosa natureza’ apoiado polo programa ‘O teu Xacobeo’

A Coruña, 27 de outubro de 2022 O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, participou esta mañá na presentación do proxecto “O noso pasar: a nosa natureza”, que contou coa presencia do seu director Roberto Alvite e dos seus cuatro voluntarios e voluntarias procedentes de Ucrania, Colombia e Venezuela que participaron neste proxecto promovido por Melgo Cinema.

 

“Para a  Xunta de Galicia é unha satisfacción apoiar este tipo de iniciativas innovadoras que mostran a riqueza doCamiño de Santiago, pero que ademais adoitan buscar novas perspectivas para facernos reflexionar sobre o noso modo de entender e habitar o entorno no que vivimos, o propio e o alleo”, explicou o representante do Goberno autonómico.

 

Esta iniciativa conta, ademais, cun atractivo especial porque ten como protagonistaa Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesasxa que a gravación tivo lugar a cabalo entre Miño, Paderne e Betanzos.

 

Trenor lembrou que “cunha inversión de 1,5 millóns de euros, O Teu Xacobeo espallou o Ano Santo por todos os recunchos de Galicia para involucar no acontecemento a toda a poboación galega con proxectos socioculturais que xiran arredor do fenómeno xacobeo”.

 
O obxectivo foi lograr a implicación de todos os axentes sociais, económicos e institucionais de Galicia abrindo a programación do Xacobeo á participación da cidadanía dende unha perspectiva ampla, multidisciplinar, plural e diversa apoiando a máis de 120 proxectos no 2022.

Imaxes relacionadas