A Xunta destina 15.000 euros a fortalecer o movemento asociativo feminino en Ferrolterra

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, desprazouse ata Cariño para coñecer o traballo da Asociación Profesional de Redeiras da localidade, beneficiaria desta convocatoria

Un total de catro entidades da comarca recibiron financiamento desta liña de axudas da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade
 

Cariño (A Coruña), 27 de outubro de 2022 A Xunta de Galicia inviste 15.000 euros en Ferrolterra en axudas para fortalecer e consolidar o movemento asociativo e potenciar a participación social e a calidade de vida das mulleres galegas. A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, visitou esta mañá a Asociación Profesional de Redeiras de Cariño, una das entidades beneficiarias desta orde de axudas da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade.  

En concreto, o apoio autonómico valorado en 1.500 euros, está destinado a compensar os gastos correntes que orixe o mantemento e funcionamento da entidade pero tamén á promoción de accións singularizadas en materia de igualdade e prevención da violencia de xénero. 

Durante o encontro, a delegada, acompañada da presidenta da asociación, Ana López, achegouse ao traballo da vintena de socias que conforman actualmente a asociación que está integrada na Federación Galega de Redeiras Artesás, O Peirao.  

Aneiros puxo en valor o seu traballo “non só desde o punto de vista da función económica senón cultural” e incidiu na importancia de preservar o seu coñecemento e saber facer. Destacou ademais a importancia da labor do asociacionismo feminino “como ferramenta para seguir impulsando a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes”. 

Xunto a Asociación Profesional de Redeiras de Cariño, tamén resultaron beneficiarias desta convocatoria as entidades Acción Familiar Ferrol (2.700 euros), a Asociación de Movilidad Humana para la Colaboración y el Desarrollo (4.800 euros) e o Patronato Concepción Arenal (6.000 euros). 

Porta a porta

Aproveitando a súa estadía no municipio cariñés, a delegada territorial desprazouse ata a explanada do Mercado Municipal para visitar a unidade móbil Porta a Porta, unha iniciativa que ofrece servizos gratuítos de podoloxía, audioloxía e estimulación da memoria en todos os concellos galegos, agás na sete cidades. 

Ata o de agora 22.000 persoas maiores de 55 anos xa se beneficiaron destas prestacións que se ofertan de forma itinerante. Para participar hai que solicitar cita previa nos teléfonos 622 748 283 ou 623 546 992, ou a través do enderezo electrónico: coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal.

 
 
 

 

Imaxes relacionadas