A Xunta incentivou desde 2019 a contratación de máis de 60 vítimas de violencia de xénero na provincia de Ourense por parte de concellos e entidades sen ánimo de lucro

Ourense, 24 de outubro de 2022

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, tomou parte hoxe nunha xornada Xuntos contra a violencia de xénero: por unha sociedade sen violencia, organizada pola Confederación Galega de Asociacións Veciñais Rosalía de Castro (Cogave) co apoio da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade. No acto puxo en valor a aposta da Xunta de Galicia pola inserción laboral das mulleres vítimas a través de incentivos á súa contratación por concellos e entidades sen ánimo de lucro que no caso da provincia ourensá deron acceso a un emprego a 61 mulleres desde 2019.

López Abella recalcou que o obxecto deste apoios é o de garantir a empregabilidade de mulleres vítimas de violencia de xénero en situación de desemprego –incluídas as afectadas por violencia vicaria ou trata con fins de explotación sexual- para dotalas dos instrumentos necesarios para “gañar a independencia económica necesaria para rachar cos seus agresores e avanzar cara a súa recuperación”.

Desde 2019 a Administración autonómica destinou a esta finalidade en total 8,2 millóns de euros que facilitaron a inserción laboral en toda Galicia de 430 mulleres vítimas.

Imaxes relacionadas