A Xunta participa na entrega da bandeira de Q de Calidade á Batalla de Rande

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, entregou o certificado en recoñecemento desta celebración

Redondela (Pontevedra), 23 de outubro de 2022.-

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou hoxe na entrega da bandeira Q de calidade á Batalla de Rande.

 

Durante a súa intervención, a directora de Turismo de Galicia indicou que este tipo de historias favorecen que a nosa Comunidade se converta nunha terra de historias ancestrais, o que, indicou Castro, alimentan a nosa lenda e a nosa imaxe tanto nacional como internacional.

 

Galicia é a segunda comunidade de todo o territorio español con máis bandeiras de Q de calidade, con 286, un claro indicador da calidade da nosa oferta turística” finalizou Castro.

 

A batalla de Rande é un dos fitos navais da nosa historia, e tamén a máis importante lenda da ría de Vigo. O enfrontamento tivo lugar o 23 de outubro de 1702, e enfrontou as coalicións anglo-holandesa e hispano-francesa, durante a Guerra de Sucesión Española.