Fernández-Tapias acompaña a seis matrimonios de Coruxo na celebración das súas vodas de ouro e diamantes
2022-10-23
https://multimedia.xunta.gal/portal-web/Imaxes/Novas/2022/Outubro/semana-05/20221023MatrimoniosAvoa.jpg
Vigo, 23 de outubro de 2022
A delegada territorial da Xunta, Marta Fernández-Tapias, acompañou hoxe a Luisa Comesaña e Francisco Estors, Marina Lago e Enrique Salgueiro, Florinda Misa e Francisco Rodríguez, Maribel Bao e Jacinto Cea, Pilar Dopesa e José Pérez e a Amelina Pérez e Maximino Comesaña na celebración das súa vodas de ouro e diamantes.
Fernández-Tapias acudiu ao festexo co que a Asociación de xubilados e pensionistas Avoa homenaxea a estes matrimonios da parroquia viguesa de Coruxo polos seus 50 e 60 anos xuntos, e tivo oportunidade de entregarlles uns agasallos en nome da Xunta.
Departamento:
C. de Presidencia, Xustiza e Deportes