Desde o ano 2018 a Xunta leva investidos 8,3 M€ nas actuacións de control da biomasa nas marxes das estradas da súa competencia, a través da encomenda a Seaga

A Xunta inicia o luns traballos de roza e limpeza nas marxes da estrada OU-536 ao paso polos concellos do Pereiro de Aguiar, Xunqueira de Espadanedo, Castro Caldelas, Montederramo e a Rúa

Realizaranse estas intervencións na estrada OU-536, nos municipios do Pereiro de Aguiar, Esgos, Xunqueira de Espadanedo, Castro Caldelas e Montederramo; e en dúas rotondas da desta mesma vía no concello da Rúa


Proseguirán os traballos na AC-102, ao seu paso por Cerdido, na provincia da Coruña; e na vía de altas prestacións CG 2.2 ao seu paso polos municipios lucenses do Páramo e Sarria


Tamén se continuará traballando na OU-212 ao seu paso por Beariz, Avión, Leiro, Carballeda de Avia e Beade; na OU-504 no Carballiño, Maside e Leiro; na OU-403 e OU-402 en Ribadavia, Castrelo de Miño e Ourense; e na OU-510, en Ourense
 

Santiago de Compostela, 23 de outubro de 2022

A Xunta iniciará este luns novos traballos de roza e limpeza nas marxes da estrada autonómica OU-536 ao paso por distintos concellos, ao tempo que continúa as tarefas iniciadas en pasadas semanas en vías das provincias da Coruña, de Lugo e de Pontevedra.

Máis en detalle, a vindeira semana comezarán estas intervencións na estrada OU-536, nos municipios do Pereiro de Aguiar, Esgos, Xunqueira de Espadanedo, Castro Caldelas e Montederramo; e na OU-536, en dúas das rotondas da vía autonómica ao paso polo concello da Rúa.

 

Ademais, na provincia de Ourense, continuarán as actuacións: na OU-212 ao seu paso por Beariz, Avión, Leiro, Carballeda de Avia e Beade; na OU-504 no Carballiño, Maside e Leiro; e na OU-510, en Ourense.

 

Tamén seguirán estes traballos na AC-102, ao seu paso por Cerdido, na provincia da Coruña, e na vía de altas prestacións CG 2.2 ao seu paso polos municipios lucenses do Páramo e Sarria.

Na provincia de Pontevedra proseguirán os traballos iniciados nas últimas semanas na autovía AG-51 en Salvaterra de Miño, en distintos tramos de AG-46, CG-4.1, VG-4.6 e VG-4.5, en Moaña e Cangas; e na estrada PO-504,na rotonda do Vinquiño, en Sanxenxo.

 

Seguridade viaria

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade acomete estas actuacións no marco do contrato coa empresa pública Seaga, por importe de máis de 2,2 millóns de euros, para o control da biomasa das marxes das estradas de titularidade autonómica para previr lumes e reforzar a seguridade viaria.

Estas novas accións de conservación nas vías de titularidade da Xunta permitirán, nesta nova encomenda, a roza mecánica de máis de 2.600 quilómetros lineais e actuar nunha superficie de máis de 188.500 metros cadrados de xeito manual.

 

Ademais, retiraranse máis de 5.600 árbores situadas no dominio público das estradas, susceptibles de provocar lumes ou de supoñer un risco de caída na calzada. Tamén se levará a cabo a reparación de 22.500 metros lineais de valado dos noiros perimetrais das estradas.

 

Como novidade na encomenda de 2022, prevese a reposición de 7.500 metros de valado en vías de alta capacidade que se poida danar nos labores de despexe ou roza. A reposición realizarase con valado reforzado para aumentar a protección da estrada fronte á entrada de animais.

 

Con esta nova encomenda, desde o ano 2018 lévanse investidos 8,3 M€ nas actuacións de control da biomasa nas marxes das estradas autonómicas.

 

Santiago de Compostela, 23 de outubro de 2022.- A Xunta iniciará este luns novos traballos de roza e limpeza nas marxes da estrada autonómica OU-536 ao paso por distintos concellos, ao tempo que continúa as tarefas iniciadas en pasadas semanas en vías das provincias da Coruña, de Lugo e de Pontevedra.

Máis en detalle, a vindeira semana comezarán estas intervencións na estrada OU-536, nos municipios do Pereiro de Aguiar, Esgos, Xunqueira de Espadanedo, Castro Caldelas e Montederramo; e na OU-536, en dúas das rotondas da vía autonómica ao paso polo concello da Rúa.

 

Ademais, na provincia de Ourense, continuarán as actuacións: na OU-212 ao seu paso por Beariz, Avión, Leiro, Carballeda de Avia e Beade; na OU-504 no Carballiño, Maside e Leiro; e na OU-510, en Ourense.

 

Tamén seguirán estes traballos na AC-102, ao seu paso por Cerdido, na provincia da Coruña, e na vía de altas prestacións CG 2.2 ao seu paso polos municipios lucenses do Páramo e Sarria.

Na provincia de Pontevedra proseguirán os traballos iniciados nas últimas semanas na autovía AG-51 en Salvaterra de Miño, en distintos tramos de AG-46, CG-4.1, VG-4.6 e VG-4.5, en Moaña e Cangas; e na estrada PO-504,na rotonda do Vinquiño, en Sanxenxo.

 

Seguridade viaria

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade acomete estas actuacións no marco do contrato coa empresa pública Seaga, por importe de máis de 2,2 millóns de euros, para o control da biomasa das marxes das estradas de titularidade autonómica para previr lumes e reforzar a seguridade viaria.

Estas novas accións de conservación nas vías de titularidade da Xunta permitirán, nesta nova encomenda, a roza mecánica de máis de 2.600 quilómetros lineais e actuar nunha superficie de máis de 188.500 metros cadrados de xeito manual.

 

Ademais, retiraranse máis de 5.600 árbores situadas no dominio público das estradas, susceptibles de provocar lumes ou de supoñer un risco de caída na calzada. Tamén se levará a cabo a reparación de 22.500 metros lineais de valado dos noiros perimetrais das estradas.

 

Como novidade na encomenda de 2022, prevese a reposición de 7.500 metros de valado en vías de alta capacidade que se poida danar nos labores de despexe ou roza. A reposición realizarase con valado reforzado para aumentar a protección da estrada fronte á entrada de animais.

 

Con esta nova encomenda, desde o ano 2018 lévanse investidos 8,3 M€ nas actuacións de control da biomasa nas marxes das estradas autonómicas.

 

Imaxes relacionadas