Nava Castro clausura o Congreso Iacobus Mundi, un encontro artellado ao redor do Camiño de Santiago, que reuniu a representantes de 17 cidades e 7 territorios xacobeos do mundo

O encontro tiña como finalidade poder intercambiar saberes e experiencias na xestión da mobilidade dos fluxos de peregrinación e turismo

Puxéronse en común a promoción, a investigación e a conservación patrimonial de varias cidades e territorios do mundo vinculados cos Camiños de Santiago
 

Santiago, 22 de outubro de 2022.-

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou no acto de clausura que puxo punto e final ao Congreso do proxecto Iacobus Mundi, un encontro artellado ao redor do impacto internacional do Camiño de Santiago no mundo.

 

Neste encontro, participaron representantes de 17 cidades e 7 territorios xacobeos, representados por institucións e organizacións diversas de 6 países:Italia, Portugal, Francia, Eslovenia, Ecuador e España.

 

Mediante este proxecto, os organizadores promocionaron un encontro internacional coa finalidade de intercambiar saberes e experiencias na xestión da mobilidade dos fluxos de peregrinación e turismo, así como a promoción, a investigación e a conservación patrimonial, en varias cidades e territorios do mundo vinculados cos Camiños de Santiago e a memoria histórico-cultural xacobea.

 

Durante a súa intervención, a directora de Turismo de Galicia puxo en valor que mediante as achegas dos participantes puidéronse coñecer detalles específicos sobre a xestión do fluxo de peregrinos e turistas nas cidades, así como os proxectos de futuro deseñados polos participantes, entre os que destaca o de Portugal que reclama que os seus camiños xacobeos, ligados aos camiños portugueses en Galicia, se integren na declaración de Patrimonio Mundial da UNESCO.

 

Grazas á achega de todos os relatores, comprobamos a vitalidade dos proxectos que nos inspiran no impulso do Camiño de Santiago e na xestión de turismo e peregrinación das cidades que custodian o legado xacobeo e a memoria do apóstolo”, finalizou Castro.