Política Social asiste ao encontro de familias do Movemento Down Galicia

Teo (A Coruña), 22 de outubro de 2022 O director xeral de Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, deu esta tarde a benvida aos participantes no Encontro de familias do Movemento Down Galicia. A finalidade desta xornada foi compartir experiencias e desfrutar dunha xornada que incluíu actividades lúdicas, debates e obradoiros. 

Fernando González Abeijón reiterou o compromiso do Executivo autonómico coas entidades que traballan a pé de campo os 365 días do ano en favor da integración social e a vida independente das persoas con síndrome de Down.

 

Imaxes relacionadas