A Xunta pon en valor a importancia da gastronomía baseada na calidade como motor do turismo galego

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou na comida do Foro de Presidentes de Academias Autonómicas de Gastronomía de España

Vilagarcía de Arousa, 21 de outubro de 2022 A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou hoxe na comida do Foro de Presidentes de Academias Autonómicas de Gastronomía de España, onde destacou a importancia da nosa gastronomía baseada na calidade como motor do turismo galego.

 

Durante a súa intervención, Castro incidiu na importancia deste sector para a nosa Comunidade como parte fundamental do noso patrimonio. Neste senso, destacou a diversidade e a calidade dos produtos senlleiros cos que contamos, a enorme riqueza das elaboracións e os grandes profesionais que elaboran e conforman un elemento fundamental de ser e estar do pobo galego.

 

Os produtos procedentes da horta, do mar e da terra conforman unha oferta culinaria extraordinaria que fainos únicos”, indicou Nava Castro.

 
Así mesmo, fixo fincapé en que a gastronomía é fundamental na promoción turística, tamén para Galicia, que nos últimos anos conseguiu posicionarse como destino gastronómico de primeiro nivel.