Arias felicita ao lucense Javier Vázquez tras conseguir a medalla Six Stars por completar os seis mellores maratóns do mundo

Lugo, 21 de outubrode 2022

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, felicitou hoxe ao deportista Javier Vázquez por conseguir a prezada medalla Six Stars, que acredita que completou a serie dos Abbott World Marathon Majors, os seis maratóns máis esixentes do mundo: os de Boston, Tokio, Londres, Berlín, Nova York e Chicago.

No acto tamén participou o xefe de Deportes de Lugo, Manuel Otero. O lucense culminou o reto o pasado día 9 de outubro nesta última cidade, percorrendo un circuíto de 42,19 quilómetros. Vázquez é o primeiro lucense en completar as seis carreiras.

Imaxes relacionadas