O director xeral de Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, deu a benvida a estes peregrinos na praza do Obradoiro

A Xunta recibe a un grupo de menores con discapacidade intelectual que fixeron o Camiño coa Fundación A la par

Lanzáronse 300 globos que levaban no seu interior os desexos dos participantes nesta experiencia

Santiago de Compostela, 21 de outubro de 2022.-

O director xeral de Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, deu este mediodía na praza do Obradoiro a benvida a un grupo de nenos que fixeron o Camiño da man da Fundación A La Par. Aos pés da catedral, e de xeito simbólico para dar visibilidade ás persoas con discapacidade intelectual, este grupo de peregrinos lanzou 300 globos cos seus desexos no seu interior.

 

Fernando González Abeijón salientou que con este tipo de iniciativas se pon en valor o papel inclusivo das distintas rutas Xacobeas. Ademais, gabou aos participantes nesta experiencia pola súa autoestima e espírito de superación, ao ter demostrado que para eles “non hai barreira que non poidan derrubar”.

 

Así mesmo, o director xeral indicou que a Xunta continuará traballando para avanzar na plena inclusión das persoas con discapacidade na sociedade, “dándolles solucións e respostas ás súas necesidades”. Para conseguilo, apuntou que “contamos co gran traballo que realizan as entidades sociais para que estas persoas gañen en autonomía e sexan cada día máis independentes”.

Imaxes relacionadas