A campaña ‘Agresión Off: Eu digo non á violencia sexual’ desembarca en Ferrolterra cun stand informativo no paseo da Madalena, en Cabanas

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, visitou a iniciativa que pon a disposición da cidadanía diferentes talleres de sensibilización e actividades lúdicas

Cabanas (A Coruña), 21 de outubro de 2022 A campaña Agresión Off: Eu digo non á violencia sexual, promovida pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, desembarca hoxe no municipio de Cabanas, primeira parada do seu itinerario por Ferrolterra. A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, acompañada do alcalde da localidade, Carlos Ladra, visitou o stand informativo situado no paseo da Madalena.

 

A iniciativa ten por obxectivo achegar á poboación os recursos para avanzar na igualdade e na loita contra a violencia de xénero para o que pon a disposición da cidadanía diferentes talleres de sensibilización e actividades lúdicas. Todos eles están deseñados para ser inclusivos e accesibles e abertos a todas as idades. Para o público infantil hai un espazo habilitado para desenvolver dinámicas adaptadas a súa idade.

 

O desmantelamento de estereotipos de xénero co obxectivo de combater o sexismo desde a infancia; mitos sobre o namoramento, alerta ante micromachismos, parella e igualdade ou autoestima e a valoración persoal, son algunhas das temáticas que se abordan nesta xornada.

 

O municipio de Cabanas é un dos seis da comarca, nos que va a recalar esta campaña, que chegará tamén aos centros educativos. Todos eles están incluídos na Rede de entidades locais contra a violencia de xénero constituída en 2012 a través dun convenio de colaboración firmado entre a Xunta e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp). A próxima data será o día 23 de outubro en Fene.

Imaxes relacionadas